O Servizo Técnico de GALMEDIC axúdache a:
1. Servizo xestión de equipos en garantía subministrados por GALMEDIC.
GALMEDIC pode realizar os trámites da xestión de garantía dos equipos co fabricante dos mesmos. Os termos e condicións a aplicar serán as que marque o fabricante de cada un dos equipos en garantía.
O transporte dos equipos e o desprazamento do técnico non están incluídos (salvo que o fabricante indique o contrario).
Naqueles casos nos que o prazo de garantía se excedese, ou cando o fabricante nos informe que a avaría que presenta o equipo non está cuberta nos termos da súa garantía, GALMEDIC poderá facerse cargo da reparación se estás interesado, actuando do modo que se describe a continuación.
2. Servizo xestión de equipos fóra de garantía (subministrados ou non por GALMEDIC)
Para aqueles equipos nos que non é aplicable a garantía, GALMEDIC conta cun equipo técnico capaz de dar servizo de reparación de todo tipo marcas, tanto se foron fornecidos por nós coma se foron adquiridos noutro provedor. O transporte dos equipos e o desprazamento do técnico non están incluídos.
Antes de proceder a calquera actuación técnica, GALMEDIC emitirá un orzamento de reparación para que poidas decidir.
A elaboración dun orzamento de reparación ten un custo ocasionado polas horas de traballo-técnico empregadas. Se o orzamento é aceptado, o custo do diagnóstico estará incluído no prezo. En caso de non aceptar o orzamento de reparación, emitirase factura polo devandito importe.
Para a xestión dunha reparación, deberás completar o cuestionario que figura máis abaixo e envialo por e-mail a pedidos@galmedic.com