>> Envases adicados para cada disolvente o que se traduce nunha mellor garantía de calidade para os nosos clientes, así coma unha mellor conservación dos envases.
>> -Respectuoso co medio ambiente:
>> Beneficio económico: Minimiza o gasto na xestión de residuos e reciclaxe e tamén xera menos custos de almacenaxe.
>> Máxima seguridade
>> Calidade de produto reforzada:
>> Flexibilidade:
>> Loxística eficiente
O servizo que ofrecemos de bidóns retornables caracterízase por ofrecer os disolventes en bidóns que se personalizan para cada produto e cliente, nun circuíto de servizo e recollida que se adapta ao consumo requirido polo usuario.
Os bidóns están personalizados coa etiqueta do produto, o código de cliente e a matrícula. Como o consumo de disolvente, moitas veces, non é regular pódese redimensionar a roda de bidóns para evitar fallas de subministración e que o sistema funcione correctamente segundo as necesidades do cliente en cada momento. Nós encargarémonos de estudar o número de bidóns necesario tendo en conta o consumo de cada un dos disolventes que utilices.
Nun primeiro envío fanse chegar ao cliente todos os bidóns acordados. A medida que se van gastando, recóllense baleiros e transpórtanse á planta de enchido onde se limpan, acondiciónanse, énchense de novo e se reexpiden. Sempre co mesmo produto, da mesma calidade e sempre para o mesmo cliente. O tempo medio no que ten lugar todo o proceso é duns 10 días aproximadamente.
Están dispoñibles envases de distintos tamaños e deseños, para ofrecer sempre a opción máis adecuada ás circunstancias, así como accesorios que facilitan a manipulación e almacenaxe dos bidóns, facéndoa máis sinxela, cómoda e segura. Consulta connosco todas as opcións.
Galmedic dispón de stock propio de bidóns
Bidón de aceiro inoxidable de 7 litros
Bidóns de seguridade de aceiro inoxidable de 25 litros
Bidóns de aceiro inoxidable de 30, 100, 185 e 200 litros
No caso de consumos superiores a 5000 L ao ano pódense fornecer contedores presurizables de 1000 L